O 14 de maio realizáronse os xa tradicionais Xogos Florais no colexio. Este ano a participación estaba aberta non só a todo o alumnado de primaria e secundaria, senón tamén ao profesorado que nos asombraron coa súa capacidade para crear composicións poéticas. O mesmo día, celebrouse a tradicional festa dos maios, polo que se convidou ao alumnado a asisitir ataviados de branco e engalanados con flores. A festa foi amenizada por un grupo folclórico da cidade encabezado pola avoa dunha alumna.