Un novo proxecto está a piques de comezar.

Este curso Colexio Andersen mergúllase nun novo PDI titulado Alén do azul, baseado no libro que leva este título de Sara Carrasco e Silvia Iglesias, editorial Catroventos, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita coñecer as paisaxes e seres dun mundo acuático ameazado polos impactos do cambio climático e a contaminación.