Alén do azul é unha viaxe ao mundo submarino da ría de Vigo na que cada capítulo descúbrenos unha paisaxe diferente e aos habitantes que viven nelas con ilustracións, debuxos explicativos e fotografías que reflicten a gran biodiversidade dos nosos fondos. Inclúe tamén códigos QR para acceder a vídeos exclusivos cos que poder visitar este mundo somerxido (actualizamos con regularidade os contidos dos vídeos nos códigos QR para que atopedes novas imaxes cada vez que querades disfrutar destas paisaxes, convertindo Alén do azul nun libro vivo). Xunto a Catro Ventos Editora creamos este libro de paisaxes submarinas no que, ademais de descubrir a cómo é a vida baixo o mar, incluímos unha revisión dos principais factores que ameazan a saúde da ría na actualidade e recollemos algúns aspectos importantes para levar a cabo un mergullo máis respectuoso co medio.