A NOSA BIBLIOTECA
A biblioteca facilita o acceso á lectura e á información, actuando como un mecanismo compensador das desigualdades.
A biblioteca promove metodoloxías que permitan adquirir habilidades e destrezas no uso da información como os traballos por proxectos, que permiten temén avaliar non só os resultados obtidos, senón tamén os procesos levados a cabo.
Traballar na biblioteca, utilizar os seus recursos e servizos conduce á adquisición das competencias no tratamento da información, que só poden basearse na práctica aplicada a un contexto real.
A biblioteca impulsa programacións transversais, que involucran ás distintas áreas, para a aprendizaxe de técnicas de acceso, valoración, uso e produción da información, en calquera soporte.
A biblioteca dá luz.