Placeholder Image

A biblioteca facilita o acceso á lectura e á información, actuando como un mecanismo compensador das desigualdades.

A biblioteca promove metodoloxías que permitan adquirir habilidades e destrezas no uso da información como os traballos por proxectos, que permiten temén avaliar non só os resultados obtidos, senón tamén os procesos levados a cabo.

Traballar na biblioteca, utilizar os seus recursos e servizos conduce á adquisición das competencias no tratamento da información, que só poden basearse na práctica aplicada a un contexto real.

A biblioteca impulsa programacións transversais, que involucran ás distintas áreas, para a aprendizaxe de técnicas de acceso, valoración, uso e produción da información, en calquera soporte.

A biblioteca dá luz.


Aquí podes consultar todos os fondos cos que conta a sección de infantil e primaria
Aquí podes consultar todos os fondos cos que conta a sección de secundaria.

 

Se non sabes facelo, aquí explicámosche como.