Neste novo curso as sorpresas chegan a nosa biblioteca, “A Fraga da Palabra”.

Novos espazos e renovadas ilusións invádennos por toda a pel, e como de pel falamos, teremos que arropala.

Este curso o Colexio Andersen tecerá un novo PDI titulado “A historia entre costuras”, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita fiar a moda, tecidos e a súa influencia na sociedade.