Nestos días de confinamento dende a Biblioteca continuamos a propoñer opcións para ter momentos de lembranza divertidos en familia.

Xogos: Que figuras vedes?

Como ver a imaxe.

  1. Deberás estar, como mínimo, a unha distancia do monitor aproximada do teu brazo estirado.
    Cruza lixeiramente os ollos.
  2. Aos poucos ve cruzando máis os teus ollos ata que poidas ver tres imaxes (xa que as dúas do centro hanse solapado).
  3. Manten esta imaxe fixada. Poderás vela en 3D.
  4. Relaxa a túa vista (non quere dicir deixar de cruzar os ollos) e poderás ver a imaxe en 3D e enfocada.

Xogos en familia en Galego

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa páxina web, totalmente de balde, catro opcións diferentes e online, para nenas e adultas, cos que pasar as horas durante este encerro.

XOGOS