O alumnado de 5º de primaria xa son enxeñeiros de paracaídas, tomade nota dos materiais e animádevos a facelo.

  • Materiais
  • 2 bolsas de lixo grandes
  • cinta de carrocero
  • corda de algodón
  • palito de espetada
  • tesoira
  • 4 chupa chups

Estende moi ben a bolsa de lixo e curta todos os bordos (tenta recortar o mínimo; o xusto para poder abrir a bolsa). Así, dunha bolsa sairán dous paracaídas. Coloca o cadrado que obtiveches ben estendido no chan. Canto máis grande sexa a bolsa, mellor. Imaxina un octógono e corta a bolsa para conseguilo. Só hai que quitar as esquinas. Se non sae perfecto, tampouco pasará nada.

Pliega a bolsa polo centro e corta o pico, así nos sairá un círculo máis ou menos no medio. Non cortes moito para que non sexa moi grande. Cun palito de espetada fai un pequeno buraco en cada esquina do octógono, a uns 2 cm do bordo. Mete a corda polos buracos que fixeches e anuda dobre para que non perdas as cordas no voo. A lonxitude da corda é aproximadamente de 1 m.